Aldo Duscher
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (es) Aldo Pedro Duscher 22 de marzo de 1979 (45 anos) Esquel, Arxentina (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 174 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 72 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1995 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Álvaro "Aldo" Pedro Duscher, nado en Esquel (Chubut) o 22 de marzo de 1979, é un exfutbolista arxentino nacionalizado austríaco. Xogaba de centrocampista e foi internacional coa selección arxentina.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Empezou xogando na Arxentina, en Newell's Old Boys de Rosario entre 1995 e 1998. Durante eses anos tamén conseguiu 2 Suramericanos Sub-20 coa selección do seu país.
En 1998 foi contratado por dúas tempadas polo Sporting de Lisboa, onde conseguiu unha Superliga.
De cara a tempada 2000–01 foi contratado polo Deportivo da Coruña, club no que xogou 142 partidos de Liga e 34 partidos de Liga de Campións até a tempada 2006–07, gañando unha Copa do Rei e dúas Supercopas de España. Neste tempo foi recordado polos seguidores do Manchester United pola súa patada e posterior lesión de David Beckham que case impide ao capitán inglés xogar o Mundial 2002.
Ao comezos da tempada 2007–08 quedou libre e foi contratado polo Racing de Santander por dúas tempadas, despois de numerosas ofertas no inverno, de entre outros o Manchester United e Olympique de Lyon, todas refugadas para acabar xogando no conxunto de El Sardinero.
Marca o seu primeiro gol en Primeira División na súa oitava tempada na mesma, o 9 de decembro de 2007, cunha vitoria do Racing sobre o RCD Mallorca (3–1).[1] Tras arduas negociacións, na tempada 2008–09 Duscher foi contratado, por tres tempadas, polo Sevilla FC.[2] Desde a tempada 2010–11 xoga no RCD Espanyol, tras rescindir o seu contrato co Sevilla.
O 27 de xullo de 2011 anunciouse a súa incorporación ao Barcelona Sporting Club de Guayaquil, en Ecuador.
Selección nacional
[editar | editar a fonte]Duscher fixo o seu debut internacional coa selección arxentina en 2005, chegando a xogar tres partidos.
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Sporting de Lisboa
- Primeira Liga: 1999–00
- Deportivo
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Nados en 1979
- Nados na provincia de Chubut
- Futbolistas da Arxentina
- Centrocampistas de fútbol
- Xogadores do CA Newell's Old Boys
- Xogadores do Sporting Clube de Portugal
- Xogadores do Deportivo da Coruña
- Xogadores do Racing de Santander
- Xogadores do Sevilla FC
- Xogadores do RCD Espanyol
- Xogadores do Barcelona Sporting Club
- Xogadores do Enosis Neon Paralimni FC
- Xogadores do Veria FC
- Xogadores da selección de fútbol da Arxentina